Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

jueves, 16 de junio de 2011

RUTA Nº 89 CARBALLEIRA DE S. XUSTO E RIO BAROSA

RUTA 89. CARBALLEIRA DE SAN XUSTO (SACOS-COTOBADE) E RÍO BAROSA (BARRO). 19-XUÑO-2.011
A ruta de hoxe, coincidente en parte coa PRG 29, coñecida como Sendeiro de San Xurxo, vai toda ela pola parroquia de San Xurxo de Sacos no concello de Cotobade (Pontevedra). Arrancamos da famosa carballeira de San Xusto baixando ata o el río Lérez no lugar onde aínda poden verse unhas bañeiras do antigo balneario de augas sulfuro-fluoradas que saen a unha temperatura de 22 ºC e que son boas para a barriga e a pel. Está nun estado lamentable.
O sendeiro está bastante mal conservado e ten algúns atrancos como árbores caídas, ramallas, silvas, pedras, etc. que o fan lixeiramente dificultoso. Podénse ver moitos sinais da PR e incluso algún do GR pero non teñen continuidade. Con moito coidadiño fumos dar coa ponte "romana" (é do seculo XVII). É unha ponte de pedra con un so arco de medio punto sobre o río Lérez nun paraxe moi bonito e agreste.
Dende a Ponte continuamos a carón do Lérez e deixamos pasar as cabritas que nesa zona fan que o camiño estea ben limpo (os peixeiros tamen teñen que ver nisto) e imos a dar a estrada que de S. Xurxo de Sacos vai a Campo Lameiro, xusto onde hai unha central hidroeléctrica. Collemos cara o Sur e internámonos nun monte moi fresquiño de carballos, castiñeiros e freixos ata cruzar o Rego da Veiga Grande camiño de Cutián. Aló abaixo o destino quixo que desaparecera o camiño (cortaron uns salgueiros e cubriron con eles o camiño e…. por un momento pareceu que estabamos perdidos) e traballo costounos dar con él de novo. Ao final atopamolo e seguimos cara a San Xurxo en donde poidemos ver dende fora o pazo de Bermúdez de Castro importante linaxe da sociedade galega do seculo XVIII.
Tivemos un día fabuloso e xantamos na famosa carballeira, onde por certo Ricardo atopou a navalla que perdera, segundo dixo na cantiga.
Despois do xantar nun palco que nin feito a propósito fixemoslle entrega dun agasallo a nosa querida Almudena e tamén entregamoslle o Carné de Ouro a Manolo Candal e outros carnés a varios dos sendeiristas que aínda non o tiñan.
A segunda parte do día levounos polas ribeiras do Río Barosa (Concello de Barro), paraxe idílico para facer unhas pequenas excursións discreccionais polos arredores nos que se poden ver muíños, unha magnífica área recreativa coas suas fabulosas fervenzas e tomar uns refrescos ou incluso xantar. Daban ganas de quedar aló.
Outro día quizáis voltemos para botar máis tempo. Agora e o momento de coller a viaxe de volta e entre cánticos e sonatas nun brinco estar na Coruña.











HORARIO PARA PREINSCRIPCIONES
Venres día 17 de Xuño do 2.011

Soci@s: 20:00 a 20:45 Tod@s: 20:46 a 21:30