Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

domingo, 31 de julio de 2011

3ª XUNTANZA SENDEIRISTA "AS MARIÑAS"



III XUNTANZA SENDEIRISTA "AS MARIÑAS". ORRO (CULLEREDO). 2-XULLO-2011

Os nosos amigos da Agrupación de Tempo Libre A Pedrosa volveron poñer en marcha outra xuntanza e deste viaxe foi polas terras de Orro, Bregua e Celas de Peiro. Reunímonos no polideportivo de Orro e despois de tomar un almorzo a base de café e pastas comezamos a camiñata que estaba dividida en duas partes, unha máis difícil e outra máis doada, ésta duns 17,5 km. O día presentouse bastante caloroso e menos mal que o máis do tempo andivemos por zonas con sombra e levouse ben.
A organizazón tiña dispostos varios puntos de suministro de auga no percorrido e sempre había alguén pendente para que a xente non se perdera (aínda que iso era moi difícil pois estaba moi ben sinalizado) e, máis ou menos na metade alí estaban os gaiteiros esperando por nos coa sua música e alegría, xusto a beira dun posto de avituallamento no que se puideron degustar uns bocatas de bisté, mazás e auga; todo un luxo.
O percorrido foi moi bonito en entretido con algunhas subidiñas para facer fame, pasamos pola antiga estación do ferrocarril de Bregua na que agora hai un bar-restaurante e xa non pasa o tren. Dende alí subimos ao chamado "Coto de Bregua" que ten unhas vistas moi fermosas do val de Peiro, chegando a verse o mar polo Noroeste. Aquí empezou a zoar un pouco o aire e baixamos cara Orro onde nos esperaban os famosos "Polos Pedrosianos", especie moi apreciada polos sendeiristas famentos, con pementos da zona (tamén bastante apreciados polos comelláns), non faltou nin auga nin viño, nin outra sorte de bebidas (incluidas as espirituosas) que a organizazón tiña no ambigú-tenda nas súas instalacións de Orro, onde podíanse mercar camisetas entre outras cousas…
Esquecíamos falarvos da rapaza que tiña un mercadiño no Lugar de A Cabana, antes de chegar a estación de Bregua, con numerosos obxectos á venda, seguramente pensando no "negocio" que supoñería o paso da caravana de sendeiristas. Algunhas cousiñas mercáronselle como premio a súa iniciativa. Quedamos gratamente sorprendidos coa sua audacia.

Pola tarde o festival de eventos tívonos tan entretidos que sen caer na conta xa tiñamos que pensar na volta. Esta xente de Orro o ten ben montado… bailes andaluces, teatro, bailes de salón, e moitas gañas de diversión que as outras xentes que aló nos achegamos, tampouco nos pareceron nada mal… a xuzgar polo traballo que nos costou arrancar. Uns que se perdían, outros que os ían buscar….. Ben, o resultado deste acontecemento podemolo calificar de notable para os tempos que corren, viñeron desde Navia en Asturias (invitáronnos a participar en xornadas de sendeirismo que fan alá), atopamos moitos coñecid@s de distintos grupos e o espiritu de colaboración que se respira e magnífico.

Sonche bos amigos e esperamos corresponderlles dalgún xeito