Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

sábado, 5 de febrero de 2011

RUTA 85: DAS FÉRVEDAS (CARBALLO)

RUTA 85. FÉRVEDAS DE RUS E SAN PAIO (CARBALLO). 13-febreiro-2.011

Os gurús da chuvia coa axuda dos anxos do Averno conduciron os nosos corpos cara o centro mesmo da borrasca. O día estaba feo, realmente metía medo. Paramos en Carballo a tomalo café e caía de moito carallo, o sentidiño común impoñía a retirada pero despois de todo si xa estabamos alí, o mellor sería tratar de chegar ó inicio da ruta e tomar unha decisión sobre o terreo.
Despois do café e con algúns atrancos polas estreitas rúas da vila, conseguimos chegar a estrada de Santiago e, como o tempo seguía imposible, decidimos saltarmos a primeira etapa de Vilar de Francos (que con aquelas treboeiras antoxábase dura de máis) e fomos ao dereito para Ramil. O bus esperou preto da capela de Santa Eufemia mentres camiñamos en busca da férveda de Rus, moi bonita e con moita auga polo que chovera... Nestes intres o temporal amainaba e pensamos que era o momento de comezar a andaina.
Despois de visitar (por fora) a igrexa de Sta. María de Rus, diriximonos a Pazos subindo cara o Somido e cruzando o Rego de Casal de Perros, onde algúns levaron o seu recordo en forma de H2O. Unha vez no couto e baixando polo Bastón atopámonos e falamos cuns intrépidos forestáis que con semellante día ainda tiveron boas ganas de ir traballar na plantación. De seguido collemos cara a San Xens de Entrecruces e, como xa estabamos mollados, pareceunos mellor seguir hasta San Paio e completar o camiño. Unha vez na famosa Ferveda de San Paio de Entrecruces; impresionante, fermosa, potente... pois a auga baixaba chea de terra e dáballe unha cor especial; rematamos no adro da capela onde esperaba o noso autobús para ir xantar ao palco da música e tamén ao ambigú da comisión de festas de Santa Eufemia onde, despois de poñer algo de roupa e calzado seco, partimos a Malpica para dar unha voltiña pola vila e tomar algo quente, tamén para facer algunhas fotos que sirvan de recordo das nosas camiñatas. Na viase de volta o noso amigo Juan Varela nos agasallou cun dos seus típicos programas de varietés que fixo que cando entramos na Coruña parecera que non pasara o tempo.
¡¡¡ Aínda tivemos bastante sorte !!!...co día... e tamén con ...Juan.







(haz click sobre la imagen para verla ampliada)



HORARIO PARA PREINSCRIPCIONES:

martes 8
socios: 20:00-20:45
todos: 20:46-21:30

NOTA: la información sobre las paradas del autobús será enviada por correo electrónico entre dos y tres días antes de la ruta

Avisamos también de que durante la ruta no habrá que cargar con las mochilas