POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA DO SEU LIBRO: OS EIDOS
Iba eu polos camiños
ora cantaba ou xubriaba
e cando en cando paraba
a varexar os espiños.
gargantillas de morodos
i arandos que eu collía.
En chegar comíos todos.
que se perde se ún a conta.
vaise o tempo sin sentilo.
Sinto unha cousa
que se apousa en min e no me toca.
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos,
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d´ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
Só se oi o que eu oio
Só se olla o que eu ollo
O val solo.
Móvese o pouso do tempo longo...
Courel de tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí sínteseben o pouco que é un home...
O sol baixade cara como un pai á frol da braña...
No hay comentarios:
Publicar un comentario