Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

martes, 8 de marzo de 2011

RUTA 86: RUTA XACOBEA Triacastela-San Xil-Sarria


RUTA 86. TRIACASTELA-SARRIA (Por San Xil) 13-marzo-2.011


Dixo Marisiña que non volveramos poñer as rutas nos días 13, pois a de febreiro foi pasada por auga e a de marzo, según os máis astutos agoreros, tamén o ía ser. Aló marchamos moi cedo cara a Lugo, a recoller ós nosos amigos Chus & Chus para inmediatamente partir para Sarria, onde faceríamos a necesaria parada cafetera e sen perder moito tempo, pois coa ameaza de chuvia que se cernía sobre nos, o millor era comezar a camiñata rápidamente. Chegamos a Triacastela e xa non fomos nin á vila, baixar do bus e ¡ala! A camiñar.
O noso guía, Manuel López, coñecía o percorrido como a palma da man e levounos áxilmente polas primeiras subidiñas desta ruta Xacobea, que é unha das duas alternativas de facela (coidamos que é a millor pois non vai pola estrada xeral), e desa maneira iamos pasando por aqueles sitios por onde tantos pelengrins foron deixando as suas pegadas (A Balsa, San Xil. Fontearcuda, Pintín, Calvor-onde se xuntas as duas rutas-, San Mamede do Camiño e Sarria... Todo isto e non caeu nin pinga, ¡este tempo non hai quen o entenda !!!
Chegamos a Sarria pasando das tres e media e a nosa xente escomenzaba a mosquearse (a fame, os pes......) fixemos algo máis de 17 Km dun tirón e chegounos de moito rosmillo. O caso é que tamén tivemos sorte pois poidemos xantar na terraza do restaurante "Mesón do Mar" ¿por qué lle chamarán do mar se está na beira do río? que hai na área recreativa, comodamente instalados e ó abrigo. Como estabamos realmente cansos, decidimos non efectuar a segunda parte do roteiro, a chamada ruta das Aceñas (facerémola outro día) e fomos visitar o Mosteiro de Samos. Realmente acertamos co cambio pois é impresionante e fermoso o percorrido que fixemos por él, na compaña dunha guía entusiasta que desgreñou toda a súa historia nun periquete.
Poidemos mercar unhas pastas que según un monxe leonés que por alí andaba, estaban de oferta: unha caixa 5 euros e duas 10; tiñan tamén un licor para a gripe ou o catarro e que según nos dixo "Colgas o sombreiro no pe da cama e empezas a beber nel, asi que vexas dous sombreiros, paras e ao día seguinte estás novo". A verdade e que non sei si alguén fixo a proba, de ser así debería contarnos a súa experiencia.
Ó remate tod@s quedamos moi satisfeitos e chagamos co tempo xusto á A Coruña agradecéndolle a Manuel a sua laboura.






(haz click sobre la imagen para verla ampliada)




HORARIO PARA PREINSCRIPCIONES:


viernes 11


socios: 20:00-20:45
todos: 20:46-21:30