Cain as follas ...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e no me toca ...
n´algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados ...
que pasou pouco a pouco
porriba destas penas vellas
cubertas de mofo ...
Os días i as noites.
E ún xa non sabe
cando foi onte ...
i esquecinme da alba de min e delas
que anque iban e viñan
i anque oía non oía ...
Todos os poemas son de Uxío Novoneyra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario