Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

jueves, 6 de diciembre de 2007

UN HOMBRE COMPROMETIDO

<<....... Como responsábel do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal teño manifestado moi claramente a miña postura perante a explotación mineira de Galiza, nomeadamente no que compre as industrias extractivas da Lousa que considero o maior e mais grave risco ambiental que existe no noso País no momento actual. A concesión do dito premio ao Instituto Universitario de Xeoloxía foi decidida por persoas alleas ao Instituto e foi xustamente onte cando eu souben do tal feito. Considero totalmente incompatíbel coas miñas ideas ser premiado ou aceitar para o Instituto un premio por parte da entidade que agrupa as empresas mineiras de Galicia entre as que están as que provocan danos irreparábeis e irreversíbeis no noso patrimonio natural, científico e medioambiental. Por esa razón rexeito a tal distinción e o fago tamén como protesta pola actuación das empresas da lousa en Barco de Valdeorras e no Courel onde se está a consumar o maior desastre ambiental para Galicia. Gustaríame que deran publicidade a esta decisión do Instituto Universitario de Xeoloxía.
Un saúdo cordial ......
Juan Ramón Vidal Romaní
Director Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal ..... >>

No hay comentarios: