Este blog está diseñado para visualizarse con Mozilla Firefox. Podrás descargar ese navegador en la barra lateral

sábado, 11 de diciembre de 2010

RUTA 83: SERRA DO FORGOSELO E GRAN XANTAR DE NADAL

RUTA 83. SERRA DO FORGOSELO (A CAPELA E AS PONTES). 19-XII-2.010


A Serra do Forgoselo exténdese polos concellos de San Sadurniño, A Capela e As Pontes e ten varias alternativas para o seu percorrido. A elixida polo noso club deportivo foi dirixida polo amigo Serafín e partiu do lugar de Racamonde (Subindo a estrada que vai de Vilar de Mouros a Racamonde, pasando pola Abelleira) ao chegar ós eólicos collemos a pista a dereita que vai polo cumio da serra, na compaña dos muíños. O día, ventoso e frío, obriganos a levar gorros e luvas pero non chove e podemos disfrutar do paseo. Atopamos polo camiño moitos cabalos e vacas, que pacen libremente, e que sempre ofrecen unhas bonitas estampas; tamén poidemos ver algúns cazadores e algún propietario vixiando o seu gando (nesta serra hai moitos lobos). Poidemos subir a un miradoiro, con escadas de madeira esbaradizas, no que atopamos o vértice xeodésico de Racamonde (San Sadurniño).
V.G. 2249. LAT 43.482461085423; LONG 8.035562872584; ALTITUD 539,90 m. COORDENADAS GEOGRÁFICAS Sistema ED50 Longitud -8º 2' 2,55250'' Latitud: 43º 29' 0,90150'. UTM. HUSO 29, X: 578117,150 m. Y UTM: 4815058,790 Coordenadas_GPS = N43 28 56.86 W8 2 8.03 e desde o que poidemos ver A Coruña e máis Ferrol, as chemineas da central de As Pontes, a autovía Ferrol-Vilalba, os montes de As Somozas e mailo Monte Caxado...e moitos cumios máis. Esta primeira parte da ruta vai pola pista dos eólicos hasta que atopamos, pasando pola Veiga dos Foles, a estrada que ven desde Calzados e que cruzamos, indo en dirección á A Pena de Eiriz, un pouco máis abaixo da Fonte das Lebres. Collemos a pista a dereita en direccion ao Curro do Forgoselo, que nesta ocasión non visitamos, collendo sempre pola pista forestal en dirección ó Pico Ventoso e pasando pola Pena da Colmea e pola Cruz de Ouroso, a Veiga da Pena da Cobra e chegamos ao Empalme (Goente) en donde nos recollería o autobús e onde nos esperaban os amigos Loida, Luismi e o seu bebé, e tamén José Manuel, Mary Luz e a sua prima Esther, para, xa todos xuntos, ir xantar ao Safari Framil un monumental cocido nun lugar un pouco.... como diríamos.... peculiar, sí peculIAR é a forma de definilo. Nesta ocasión tivemos un recordo para o noso amigo Marcelino materializado nunha fermosa e simbólica figura sendeirista que lle entregamos á sua dona Nieves e na que figuran unhas bonitas verbas escritas por un dous moitos artistas do club, Juan Varela.












HORARIO PARA PREINSCRIPCIONES:*

martes 14
socios: 20:30-21:15
todos: 21:16-22:00
*Horario aproximado. Podrá variar en función de la Asamblea General Extraordinaria en la que se elegirá nuevo presidente del Club Deportivo IAR

Convocatoria de la Asamblea: 19:30 en primera convocatoria; 20:00 en segunda convocatoria.

Dada la gran demanda que se espera que haya para la ruta, se entregaran números de orden a aquellos socios que acudan a la Asamblea y quieran anotarse posteriormente a senderismo


NOTA: la información sobre las paradas del autobús será enviada por correo electrónico entre dos y tres días antes de la ruta

No hay comentarios: