O Ourensá Concello de Melón ofrecenos varias alternativas sendeiristas pero a elixida pola nosa nova guía Julia Salgueiro é sen dúbida a máis fermosa pois contén todalas formas naturáis preferidas polos nosos camiñantes, montaña, río, fervenza, aldea, arquitectura popular e bó tempo. Diste xeito comezamos este fresquiño domingo a nosa andaina pola Serra de Chan de Moeiras, a cabalo dos concellos de Melón, A Cañiza e Arnoia. O camiño non ofrece grandes dificultades e si fermosas formacións xeadas nos regatos e escorrentías que atopamos (xarandóns ou carambelos) e tamén fermosas vistas das montañas e o encoro de Castrelo. Poidemos ver o Couto de Novelle, o chamado Vixía do Ribeiro (polo que pasamos na ruta de dous días de maio do ano pasado). Sen chegar ao punto máis outo (798 m) baixamos lentamente hasta o lugar de Penavaqueira pois o camiño ten moita pendente e pedras e faise longo. Continuamos baixando hasta chegar os muíños de Castro no río Cervés, que non están restaurados ainda que fixeron unhas escaleiras para axudar a baixar.
Despois dun breve descanso subimos de novo hacia Penavaqueira e cara a área recreativa, preto da autovía, para subir ás famosas pozas de Melón, coas suas fervenzas e o seu bosque autóctono, lugar de lecer para os veráns tan calorosos que teñen por aquí. De volta a área imos no bus hasta o Mosteiro (complexo Cisterciense fundado no ano 1158 e que constitúe unha das xoias do cister en Ourense e tamén en Galicia, ainda que está arruinado e parece que en proceso de restauración ????), onde xantamos con moi bo humor e mellor apetito.
Despois de dar unhas voltiñas polo mosteiro collemos de novo o autobús para ir o punto de inicio da segunda parte da camiñata, Francelos, e fomos ó longo dos ríos Miño e Avia, ofrecendonos, onde se xuntan, unhas tranquilas e moi bonitas vistas, hasta chegar a Ribadavia onde podiemos pasear pola xudería para, despois de tomar uns refrescos e facer as tipicas fotos no castelo, emprendermos a viaxe de volta que sen novedad de mención rematou segundo o horario previsto na Coruña.
HORARIO PARA PREINSCRIPCIONES:
martes 18
socios: 20:00-20:45
todos: 20:46-21:30
socios: 20:00-20:45
todos: 20:46-21:30
NOTA: la información sobre las paradas del autobús será enviada por correo electrónico entre dos y tres días antes de la ruta
Avisamos también de que durante la ruta no habrá que cargar con las mochilas
Avisamos también de que durante la ruta no habrá que cargar con las mochilas
No hay comentarios:
Publicar un comentario