RUTA 87. DA AUGA E DA PEDRA (RÍOS DA CHANCA E ARMENTEIRA). VAL DO SALNÉS. 17-ABRIL-2.011
Aló polo mes de abril do ano 2001 poñíase a primeira pedra dos andares no sendeirismo do Club Deportivo IAR, ninguén podía predecir que iamos ter un futuro tan exitoso e divertido. Despois de moitas vicisitudes podemos afirmar con rotundidade que son as peculiaridades do Club Deportivo IAR as que conseguiron esta fermosa mestura de xentes, homes, mulleres, nen@s..., máis ou menos nov@s, que teñen una filosofía semellante (amor a nartureza, á liberdade e á nosa terra, esa terra chea de camiños e montes, as veces suaves e agarimosos e outras bravos e desafiantes) descubrindo que unha camiñata de cando en vez non só é boa para o corpo, senon tamén para o espíritu.
Esta ruta que fixemos polas terras do albariño neste abril do 2011, serviunos daquela para celebrar o 10º aniversario cun xantar de restaurante (no lugar dos habituáis e típicos bocatas). O día foi espléndido e o camiño escomenzaba na igrexa de San Bieito de Lores, situada nun outeiro desde o que se pode ver todo o val do Salnés e maila Ría de Arousa, no concello de Meaño (un dos concellos pertencentes ao Consello Regulador da denominación de Orixe "Rías Baixas") e despois de pasar polas estreitas rúas do lugar de Lores (San Miguel) baixamos a carón do Río da Chanca e xa proseguimos por él en dirección a Simes. O sendeiro é fabuloso pois conta con moitos muíños de pedra restaurados, pontes de madeira, coa natureza desbordante da primavera, ameneiros, salgueiros, viñas e.... o borboriño do río na nosa compaña. Así nos fomos adentrando por Simes e tocou o tramo das subidas (o mási temido polos nos@s brav@s sendeiristas), enfrontámonos a unha longa subida de dous quilómetros e pico con algo de calor, facendo, eso sí, varias paradiñas para coller folgos e caseque sen querer xa estabamos en Valboa, lugar en donde acabarían as nosas penurias pois a partires de aquí a cousa se suaviza moito, moito. Encaramos o camiño (realmente é unha pista) que nos levaría a Caroi e ó Mosteiro de Armenteira. Algúns dos camiñantes visitárono de forma discreccional e outros andiveron polos arredores, descansando ou tomando refrescos.
Proseguimos o noso camiñar agora na compaña do Río Armenteira, tamén moi bonito, baixando polo medio do bosque, serpenteando os muíños e agradecendo a sombriña pois o día saíu caloroso dabondo, chegando ás proximidades da área recreativa onde íamos xantar, xuxto nun lugar chamado "aldea labrega" na que hai unhas reproduccións a escala reducida dunha aldea coa sua igrexa, as xentes, galiñas, unha cocha cos ranchos, un rapaz cun moucho, etc..
No xantar (ao que non lle guste o porquiño pode pedir outra cousa) fixemos entrega dun diploma de honor á sendeirista Mari Carmen Bermúdez Canle, por ser quen máis rutas leva feitas co Club Deportivo IAR, e tamén entregamóslle ao noso amigo Juan Varela de la Torre unha pequena escultura metálica (a temos adoptada como símbolo do noso club) que representa a un sendeirista con mochila e todo. Fixemos un sorteo de material diverso (camisetas, gorras, mochilas, etc..) que resultou moi divertido, e tamén fixemos o regalo do amigo invisible, que sirve para pasar un rato de bo humor. Na viaxe de volta o noso especialista en varietés Juan Varela nos obsequiou cun programa de sorteo-guasa que nos mantivo entretidos hasta chegar ao noso destino na Coruña.
Moitas grazas e felicidades a todas, todos
No hay comentarios:
Publicar un comentario